3/2/12

PARTIDOS DA XORNADA 4/5 DE FEBREIRO

Aquí tendes os partidos da xornada 4/5 de febreiro, excepto os do equipo alevín mixto, cuxa liga non se celebra este fin de semana.

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 11ª Xornada):

·
A LAMA 45 VS. CB REDONDELA 64
- Lugar: Centro penitenciario da Lama.
- Hora: Domingo 5 ás 11:00h (xogadores ás 10:30h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 12ª Xornada):

· SAN JOSÉ DE LA GUÍA 51 VS. CB REDONDELA 48
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 4 ás 16:00h (xogadores ás 15:25h).

- Comentario: Foi un partido igualadísimo e moi emocionante. Durante gran parte do encontro íamos alternando 2 puntos nosos, 2 puntos deles... Estivemos perdendo, empatados, gañando... Sen ter ningún resultado claro. O público animou constantemente, e serviu ó equipo de motivación, pero ó final do partido as cousas complicábanse, as distancias agrandábanse, e a falta de 47 segundos pedimos tempo morto e perdiamos de 5 puntos. 28 segundos despois, pediu tempo morto San José de la Guía, e perdiamos de 3. Sacou o equipo visitante, roubamos o balón, pero o tempo comeu o noso contraataque, facendo a victoria un soño. Mais foi un bo partido, o máis emocionante da tempada sen lugar a dúbidas.
- Dato: Cómpre destacar que un dos nosos xogadores anotou 30 puntos dos nosos 48, o que supón un 62'5%.

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 7ª Xornada):

·
CB REDONDELA 60 VS. MIRALBA B 44
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 4 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).
- Dato: Convén destacar que un dos nosos xogadores anotou 38 puntos dos 60 que houbo no noso marcador, o que supón un 63'3 % dos nosos puntos. Noraboa a él e ó equipo!

PREBENXAMÍN MIXTO (Partidos amistosos):

·
CB REDONDELA VS. VARIOS EQUIPOS
- Lugar: Colexio Maristas.
- Hora: Sábado 4 ás 12:00h (xogadores ás 11:45h).

0 comentarios:

Publicar un comentario