Na presentación do Club, logo de coñecer aos distintos equipos, fíxose un concurso de triples para os infantís, cadetes e sénior. Tendes aquí varias imaxes do mesmo e da entrega de diplomas.
E para rematar a
xornada gozamos cun estupendo partido do equipo sénior que proporcionou
unha nova alegría á súa cada vez máis numerosa afección fronte ao
Salesianos de Vigo (54 - 40). Continúa así a súa xeira de bos resultados que o
está levando aos postos altos da clasificación xeral.
A xornada rematou
co sorteo de tres agasallos entre os socios do club. Os números
premiados foron o 041, 053 e 124. Noraboa aos gañadores/as.
Dende aquí
agradecemos ás persoas, organismos e patrocinadores que, co seu esforzo, fan
posible ofrecer aos nenos/as e mozos/as de Redondela a posibilidade de
practicar deporte, neste caso o baloncesto.
0 comentarios:
Publicar un comentario