Estimados adestradores,
Renovamos as comunicacións neste inicio de temporada 2015 - 2016 facéndovos chegar unha iniciativa formativa que se poderá validar por horas de formación complementaria para os alumnos dos Cursos de Adestadores FGB.
A mesma terá lugar este sábado, 26 de setembro, organizada por Celta Baloncesto no Pavillón de Navia (Vigo) da man do Director Deportivo de Estudiantes Lugo, Cristino Menor.
A continuación, deixámosvos toda a información pertinente, vía imaxe e ligazón á nosa web: http://bit.ly/1NOZ3DR
Agardando que valoredes participar,
0 comentarios:
Publicar un comentario