21/9/16

EQUIPAJES TEMPADA 2016/2017


A Directiva do Clube Baloncesto Redondela quere poñer en coñecemento dos pais e nais dos rapaces cómo vai ser o tema dos equipaxes para esta temporada 2016/17.

 

            Tal como se aprobou na Asamblea Xeral celebrada o 29 de xuño de 2016, vanse facer equipaxes novos (por iso regalamos ós rapaces os equipaxes da temporada anterior) xa que estamos a renovar a imaxe do club, dándolle un aire máis moderno e como estamos próximos a celebrar os 10 anos de existencia do club pensamos que é un bo momento para a renovación.

           

            As equipacións serán mercadas polos rapaces sendo da súa propiedade. Serán serigrafiados co nome do club e co nome do xogador/ra. Desta serigrafía encárgase o club.

 

            Dende a directiva tamén entendemos os gastos a que os pais nos enfrentamos no comenzo do curso, así que queremos dar facilidades para a compra dos mesmos. A forma de pago será igual co da cuota da actividade (un pago, dous ou tres), víndose esta incrementada na parte correspondente.

 

            O prezo da equipación varía según a talla que elixades; estamos a facer un prototipo que os ensinaremos para que cada un poda elexir a talla que quere. Os informaremos de cando están listos para a proba.

. Tallas 10/11, 12/13 e 14/15: 30 euros

. Tallas S, M, L e XL: 35 euros

 

            Esperamos que este cambio sexa do voso agrado e como xa dixemos foi unha das propostas da Asamblea xeral que saliu aprobada.

 

                 HORARIOS PARA PROBARLOS: IES MENDIÑO
 
MERCORES  21: 18.30- 19.30
 
XOVES 22: 19.00-20.30
 
VENRES 23: 18.00-19.30  
 
   

 

 

 

 

 

 

A Xunta Directiva

0 comentarios:

Publicar un comentario