19/4/13

CHARLA DA AULA FORMATIVA DO ADESTRADOR GALEGO

Transmitimos a información recibida do Club do adestrador galego relativa á convocatoria dunha nova charla da "Aula Formativa do Adestrador Galego"  iniciativa levada a cabo pola propia Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB. 
Neste caso a actividade terá lugar o vindeiro mércores, 24 de abril, en Santiago de Compostela e o encargado de impartir a charla será o Director Xeral do Obradoiro CAB, José Luis Mateo, quen compartirá impresións sobre a "Filosofía dun club. Papel do Adestrador"

Na seguinte ligazón indícanse todos os detalles (sede concreta. hora, proceso de inscrición) desta charla, aberta a todos os adestradores e de libre participación.

Así mesmo, lémbramos que a participación mna mesma pode validarse por tres horas de formación continua para os alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB.

http://www.fegaba.com/actualidade/amosar.php?id=7608&ldquo-a-aula-formativa-do-adestrador-galego-rdquo-renova-convocatoria-co-obradoiro-cab-como-centro-de-atencion


18/4/13

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA PROMOCIONAR O BALONCESTO

Ao igual que en anteriores tempadas, dende o 22 de abril ata o 27 de maio vanse celebrar unhas "Xornadas de portas abertas" para todos aqueles que queiran coñecer o baloncesto. Desenvolveranse todos os luns de 18:45 a 20 horas no IES  Pedro Floriani.  Van dirixidas ao alumnado que cursa ESO e Bacharelato.

Se che gusta o baloncesto non o dubides. Ven cos teus amigos/as e engánchate ao deporte.

15/4/13

PARTIDOS DA FIN DE SEMANA 20 - 21 ABRIL

Xa están confirmados todos os partidos e horarios da fin de semana:

Benxamín mixto
Sábado 20 ás 10 horas no colexio de Panxón (xunto á igrexa):
DIVINO SALVADOR - C. B. REDONDELA

Alevín Mixto
Domingo 21 ás 12 horas en Carmelitas:
CARMELITAS - C. B. REDONDELA

Infantil masculino
Sábado 20 ás 16 horas no IES Mendiño:
C. B. REDONDELA - MARISTAS ´B´

Cadete masculino: DESCANSA

Sénior masculino
Sábado 20 ás 20:15 no Porriño
PORRIÑO B. B. -  C. B. REDONDELA

14/4/13

PÓKER DE VITORIAS

O Blusens Monbus completou hoxe unha marca difícil de bater: gañar na casa dos catro equipos españois da Euroliga (Barça Regal, Caja Laboral, Unicaja e hoxe ao Real Madrid).
Cun partido moi serio en defensa e cun Hummel clave no derradeiro cuarto, o Obradoiro foi quen de vencer ao líder da Liga Endesa. Un triple fóra de tempo de Rudy Fernández mantivo o suspense máis aló do minuto 40. Noraboa ao equipo galego ao que pronto veremos en acción no Multiusos Fontes do Sar.


8/4/13

AVANCE DOS PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

Xa coñecemos os horarios de varios partidos.

Son os seguintes:

Benxamín:
Sábado 13 ás 11 nos Salesianos:
Salesianos - C. B. Redondela

Alevín: 
Sábado 13 ás 12.00h no IES Mendiño:

C. B. Redondela - Castro San Miguel


Sénior:
 Sábado 13 ás 20.00 horas no IES Mendiño:
C. B. Redondela - Sestelo

Se vos apetece podedes lembrar no seguinte vídeo o emocionante partido que nos ofreceron a pasada fin de semana o OBRADORIO  e o Barcelona.
Xa queda menos para que os nosos xogadores poidan asistir a un gran partido de baloncesto, seguramente decisivo para a clasificación final da Liga Endesa (ACB), entre o Obradoiro e o Bilbao. Será o día 19 de maio no Multiusos Fontes do Sar (Santiago de Compostela).

1/4/13

TRALA SEMANA SANTA VOLVE O BALONCESTO

Trala Semana Santa (que nos brindou unha gran victoria do máximo representante galego, o Obradoiro) volve o baloncesto cos nosos equipos.
Os horarios da vindeira xornada son:

BENXAMÍN: SÁBADO 6 ÁS 10 HORAS NO IES MENDIÑO
  C. B. REDONDELA - SEIS DO NADAL ´B´
ALEVÍN: DOMINGO 7 ÁS 12 HORAS NO IES MENDIÑO
  C. B. REDONDELA - LOS SAUCES
CADETE: DOMINGO 7 ÁS 12 HORAS EN SALCEDA DE CASELAS
  SALCEDA - C. B. REDONDELA
SÉNIOR: DOMINGO 7 ÁS 20 HORAS NO SEIS DO NADAL
  SEIS DO NADAL - C. B. REDONDELA

O EQUIPO INFANTIL DESCANSA 


21/3/13

ESTE SÁBADO TODOS CO EQUIPO SÉNIOR

O vindeiro sábado día 23, as 20 horas, o equipo sénior disputará a derradeira xornada da liga regular. Terá como rival ao FISIOMIÑO XESTAS. 

Agardemos que o noso equipo remate a súa estupenda fase regular ofrecéndonos un gran partido.


18/3/13

II TORNEO SEMANA SANTA C.B.AIREXA - CONCELLO DE NIGRÁN

Os días 22 e 23 de marzo os equipos máis pequenos do club, van participar no II Torneo de Baloncesto Semana Santa C. B. Airexa - Concello de Nigrán.
O 22 pola tarde participarán os prebenxamíns de 17:30 a 18:40 horas.
O 23 pola mañá será a quenda dos benxamíns de 10:30 a 14 horas.
Finalmente os alevíns intervirán na xornada de tarde de 16:30 a 20 horas.
Será, novamente, unha gran festa do baloncesto para todas e todos os participantes.


12/3/13

III CURSO ON LINE DE ÁRBITROS E OFICIAIS DE MESA

Ante a demanda que recibiu o Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB) de persoas que querían ser árbitros/as e/ou oficiais de mesa, o CGAB decidiu realizar o III Curso on line de árbitros e oficiais de mesa. Comezará o vindeiro luns 18 de marzo, e o prazo de inscripción remata xa este venres 15. Para poder inscribirse é preciso abonar unha cantidade de 10€ no número de conta de La Caixa 2100-1455-11-0200136257 da Federación Galega de Baloncesto e cubrir a ficha que adxuntamos nesta entrada. Animádevos a formar parte do colectivo arbitral galego!





PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

Xa temos a listaxe completa. Podédela ver en tamaño grande se facedes clic na imaxe.

5/3/13

PARTIDOS PARA A VINDEIRA FIN DE SEMANA

27/2/13

CARTEL PARTIDOS FIN DE SEMANA 2-3 MARZO


26/2/13

AVANCE DOS PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

BENXAMÍN:
SÁBADO 2 ÁS 12 HORAS NO PAVILLÓN DE PANXÓN
DIVINO SALVADOR ´B´   -  C. B. REDONDELA

ALEVÍN:
DOMINGO 3 ÁS 12 HORAS NO IES MENDIÑO
C. B. REDONDELA - C. MARIANO 
  
INFANTIL:
DOMINGO 3 ÁS 10 HORAS NO IES MENDIÑO
C. B. REDONDELA - C. B. TUI 

CADETE:
SÁBADO 2 ÁS 12 HORAS NO IES MENDIÑO
C. B. REDONDELA - PORRIÑO BALONCESTO BASE

SÉNIOR:
DOMINGO 3 ÁS 17 HORAS EN PONTEVEDRA
ESTUDIANTES DE PONTEVEDRA - C.B.REDONDELA

25/2/13

ACTUALIZADOS OS CALENDARIOS DA FASE DE GRUPOS DE CADA EQUIPO

Informámosvos de que xa mesmo podedes entrar nas páxinas dos equipos cadete masculino, infatil masculino, alevín mixto e benxamín mixto para poder ver os calendarios oficiais correspondestes para esta fase de grupos ou segunda fase que xa están a disputar os nosos equipos.

21/2/13

CARTEIS DOS PARTIDOS DO SÁBADO 23 DE FEBREIRO




19/2/13

AVANCE DOS PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

Ademais do Torneo DKV Baby para os máis pequenos (que podedes ver na seguinte entrada do blog un pouco máis abaixo), temos confirmados os seguintes partidos:

BENXAMÍN:
SÁBADO 23 ÁS 11 HORAS NO PAVILLÓN DE PANXÓN
ESCULTOR ACUÑA-AIREXA  -  C. B. REDONDELA

ALEVÍN:
SÁBADO 23 ÁS 9:30 HORAS NO COLEXIO MIRALBA
MIRALBA  - C. B. REDONDELA 
  
INFANTIL:
SÁBADO 23 ÁS 16 HORAS NOS MARISTAS (VIGO)
MARISTAS 'B' - C. B. REDONDELA

CADETE:
SÁBADO 23 ÁS 20 HORAS NO SEIS DO NADAL (VIGO)
SEIS DO NADAL 'B'  -  C. B. REDONDELA

SÉNIOR:
SÁBADO 23 ÁS 20 HORAS NO IES MENDIÑO
C.B.REDONDELA  -  RÍAS BAIXAS 'B'

TORNEO BABY EN NAVIA O 23 DE FEBREIRO

Os máis pequenos do club, as nosas promesas, van participar o sábado día 23 de febreiro na 2ª xornada de convivencia do Torneo DKV Baby. Celebrarase no pavillón de Navia de 15:30 a 17:15.

17/2/13

MICHAEL JORDAN CUMPRE 50 ANOS


Uns dos grandes xogadores de todos os tempos está de aniversario. Michael Jordan cumpre hoxe os seus primeiros 50 anos.
Lembrámolo cunha ampla reportaxe (con vídeos incluidos) que podemos ler hoxe na web de La Voz de Galicia. Podedes facer clic na seguinte imaxe para acceder á mesma.

12/2/13

PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

Esta fin de semana temos os seguintes partidos:


7/2/13

FIN DE SEMANA DE ENTROIDO

Nesta fin de semana só hai competición en categoría  infantil para os nosos. O equipo xoga o sábado ás 12 horas no Pavillón do IES Mendiño contra os Defensores do Morrazo. Sorte.

4/2/13

CONCURSO DE DESEÑO DA MASCOTA DO CLUB

O Club Baloncesto Redondela anda na procura dunha mascota. Se queres ser ti o deseñador da mesma, esta é a ocasión. Pasa á acción e debúxaa.
As bases completas podes atopalas debaixo do cartel. 
ANÍMATE E PARTICIPA.

Bases do concurso
“Deseña a mascota do CLUB BALONCESTO REDONDELA

O CLUB BALONCESTO REDONDELA organiza un concurso para elixir a súa mascota.
No mesmo poderán participar todas as persoas que o desexen.

Haberá dúas categorías segundo a idade dos concursantes:
A: Ata 14 anos.
B: De 15 anos en diante.
Cada participante poderá presentar un único debuxo, que se introducirá nun sobre pechado no que se incluirán ademais os datos persoais do concursante (nome e dous apelidos, data de nacemento, enderezo, número de DNI, teléfono/s de contacto, correo electrónico).

A técnica usada no debuxo é libre. Poderán realizarse en papel ou cartolina tamaño A4 ou en formato dixital (JPG, BMP, TIFF, PNG).

Prazo de recepción dos traballos:
Dende o día 4 de febreiro ata o 15 de marzo.

Lugar de entrega dos mesmos:
- Os realizados en papel poderán entregarse no Pavillón do IES San Simón todos os venres de 17:30 a 18:30.
- Os realizados en formato dixital serán enviados ao correo electrónico do club: c.b.redondela.chapela@gmail.com

Premios.
Haberá un primeiro premio para cada unha das categorías consistente nun diploma e un lote de material deportivo.
Os debuxos premiados quedarán en propiedade do CLUB BALONCESTO REDONDELA que poderá utilizalos no sucesivo como a súa mascota.

Xurado.
Estará formado pola Xunta Directiva do Club. O seu fallo será inapelable.

A organización porase en contacto cos gañadores na primeira quincena de abril e os seus nomes publicaranse no blog do club: http://cbredondela.blogspot.com.es/  

Entrega de premios.
Terá lugar no decurso do II Torneo Interescolar de Baloncesto que se celebrará o día 8 de xuño en Redondela.

A participación no concurso implica a aceptación de todos os apartados das presentes bases.
Redondela a 1 de febreiro de 2013

A XUNTA DIRECTIVA

31/1/13

NACE TÁBOAS: A WEB DO DEPORTE GALEGO

Unha nova web adicada ao deporte galego acaba de nacer. Chámase Táboas e nela teñen cabida as novas de baloncesto, fútbol, hóckey, balonmán,...
Paga a pena lela e estar ben informado da actividade deportiva de Galicia. 
 

30/1/13

CARTEL PARTIDOS DA FIN DE SEMANA 2-3 DE FEBREIRO

Esta fin de semana descansan o equipo sénior e os alevíns. Compiten os máis pequenos, os infantís e os cadetes por partida dobre. Sorte a todos/as.

23/1/13

FIN DE SEMANA DE BALONCESTO

Todos os nosos equipos compiten esta fin de semana. Para algúns deles é a xornada que remata a primeira fase. E para os sénior unha nova ocasión de ofrecernos un bo espectáculo no Pavillón do IES Mendiño e continuar coa súa magnífica traxectoria. Agardamos a presenza de moitos siareiros animando aos nosos xogadores.Sorte a todos.


16/1/13

NOVA FIN DE SEMANA DE COMPETICIÓN

Nesta fin de semana só competirán os benxamíns e o equipo sénior. Este último terá un partido importante no CUVI o vindeiro domingo ás 17 horas. Trala súa vitoria da pasada fin de semana contra o C.B. XESTAS xa ocupa o segundo posto na táboa clasificatoria. 
Esta fin de semana agardamos o mellor dos nosos equipos.

10/1/13

REVISTA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO

Recibimos con moito interese o primeiro número da nova revista oficial da Federación Galega de Baloncesto, medio a través do cal, de xeito trimestral, darán a coñecer as actividades máis relevantes, así como aqueles eventos e iniciativas que poidan ser de interese para todos os federados e afeccionados.
Podedes lela aquí ou descargala. 

9/1/13

VOLVE A COMPETICIÓN ESTA FIN DE SEMANA

Trala paréntese do Nadal volve a competición de baloncesto nas distintas categorías. No cartel que tendes máis abaixo podedes informarvos dos horarios e lugares dos mesmos. Facede clic nel para velo máis grande.
Sorte a todos os equipos.

31/12/12

UN ANO PARA LEMBRAR

Remata o ano, e con el vaise todo o bo baloncesto que nos deixou o 2012. Por exemplo, na web da ACB podemos visualizar un resume das grandes xogadas e dos mellores vídeos de todo o 2012. 
Desexamos que o 2013 traia boas novas para o noso club e para todos os seus integrantes, así como para os equipos do baloncesto galego. E que as seleccións españolas feminina e masculina fagan un gran papel nos campionatos de Europa de Francia e Eslovenia respectivamente.
Feliz 2013 a todos/as.


30/12/12

WEB "EJERCICIOS DE BALONCESTO"

Presentámosvos esta web de interese tanto para adestradores como para afeccionados : ejerciciosbaloncesto.org 
Nesta ocasión recupérase unha publicación de 1990, a revista Clinic, na que se inclúen contidos como o uso do regate, os ataques á zona, saques de banda,... Fai clic na imaxe para acceder á mesma.

29/12/12

ENTREVISTA EN REDONDELATV A DIEGO MÍGUEZ, ADESTRADOR DO EQUIPO SÉNIOR

Co gallo da presentación do Club Baloncesto Redondela, RedondelaTV mantivo unha entrevista a Diego Míguez, adestrador do equipo sénior. Podedes vela facendo clic na imaxe.

27/12/12

TORNEO BENÉFICO YESSICA MARTÍNEZ

O vindeiro domingo día 30 de decembro celebrarase no Campo de fútbol de Chapela un Torneo Benéfico en apoio de Yessica Martínez, moza de 17 anos afectada dunha enfermidade rara. Haberá fútbol 8 benxamín e logo un partido entre ex-xogadores do Celta e famosos. Toda a información sobre os distintos xeitos de axudar a Yessica Martínez atópanse nesta web.

25/12/12

CHARLA TÉCNICA DO ADESTRADOR ÁNGEL CARMONA

O técnico andaluz comeza falando sobre as carencias de técnica individual no baloncesto de Andalucía, as cales nos explica que son menos notorias no masculino (destacando Cajasol e Unicaja) que no feminino. As devanditas carencias técnicas rematan. Podedes entrar facendo clic nesta ligazón e no vídeo.


23/12/12

TORNEO "VIGO SOLIDARIO"

Os vindeiros mércores 26 e xoves 27 de decembro, os máis pequenos do club van participar no Torneo "Vigo Solidario" que se celebra no CPI de Panxón, no concello de Nigrán.
Haberá tres categorías: "baby", benxamín e alevín. Os nenos/as das dúas primeiras participarán o mércores e os xovés será a quenda dos alevíns. Os horarios figuran no seguinte cartel.

20/12/12

PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

Nesta derradeira semana de competición de 2012 só os equipos infantil e cadete teñen partido. Farano ás 12 da mañá do sábado, o infantil no Seis do Nadal (Vigo) e o cadete en Salceda de Caselas.
Sorte aos dous equipos.

19/12/12

VITORIA HISTÓRICA DO OBRADOIRO NA CANCHA DO BARCELONA

Hoxe, vinte anos e vinte días despois, un equipo galego vence ao Barcelona no Palau Blaugrana. Dende o 29 de novembro de 1992 no que o OAR de Ferrol vencía en terrás catalás, nin Breogán, Ourense ou o propio OAR foran quen de conseguir a vitoria. E ademais o Obradoiro deixou ao Barcelona en 54 puntos, a cifra máis baixa dese equipo na súa casa dende que existe a liga ACB.
Gran partido do equipo compostelán que confirma a súa boa traxectoria na liga 2012-2013.
Podedes ler a crónica se facedes clic na foto. Máis abaixo podedes ver o vídeo.

 
E o sábado 22 ás 19:15 na TVG2 Bilbao Basket - Blusens Monbus.

16/12/12

PRESENTACIÓN DO CLUB BALONCESTO REDONDELA I


Onte sábado realizouse no IES Mendiño a presentación dos equipos do Club Baloncesto Redondela. Este ano contamos coa presenza entre nós do Alcalde de Redondela, D. Javier Bas que veu acompañado do Concelleiro de Deportes, D. Jesús Crespo. Ademais estiveron presentes os nosos patrocinadores, Cocinas Milord e Axa Seguros.
Comezou o acto cun concurso de tiros libres para os xogadores das distintas categorías. Tendes aquí algunhas imaxes dos participantes e da entrega de diplomas aos gañadores.







Logo comezou a presentación de cada un dos equipos: prebenxamíns e benxamíns, alevíns, infatís, cadetes e sénior. Fíxose unha foto conxunta na que se ve que a familia do baloncesto en Redondela segue medrando.





121 ANOS DE BALONCESTO

Hoxe hai 121 anos e un día que James Naismith, profesor de Educación Física do Canadá, inventou o baloncesto. Foi o 15 de decembro de 1891. Se facedes clic neste enlace podedes ver como principiou a historia do deporte da canastra.

12/12/12

PRESENTACIÓN DO CLUB BALONCESTO REDONDELA II


Na presentación do Club, logo de coñecer aos distintos equipos, fíxose un concurso de triples para os infantís, cadetes e sénior. Tendes aquí varias imaxes do mesmo e da entrega de diplomas.








E para rematar a xornada gozamos cun estupendo partido do equipo sénior que proporcionou unha nova alegría á súa cada vez máis numerosa afección fronte ao Salesianos de Vigo (54 - 40). Continúa así a súa xeira de bos resultados que o está levando aos postos altos da clasificación xeral.






A xornada rematou co sorteo de tres agasallos entre os socios do club. Os números premiados foron o 041, 053 e 124. Noraboa aos gañadores/as.
Dende aquí agradecemos ás persoas, organismos e patrocinadores que, co seu esforzo, fan posible ofrecer aos nenos/as e mozos/as de Redondela a posibilidade de practicar deporte, neste caso o baloncesto.

11/12/12

CARTEL DA PRESENTACIÓN

Tendes aquí o cartel da presentación do club a celebrar o sábado día 15 de decembro ás 18 horas no IES Mendiño. E logo todos/as a animar ao equipo sénior.

4/12/12

III Certame de Debuxo "O NADAL E O BALONCESTO"

A Federación Galega de Baloncesto, ante a proximidade das festas do Nadal, renova por terceiro ano consecutivo a convocatoria do seu Certame de debuxo: "O Nadal e o Baloncesto". Co obxectivo de configurar o deseño da Postal de Nadal que a FGB tradicionalmente envía durante esas datas para felicitar a todos os clubs, actívase a III edición desta proposta, na que para participar será preciso enviar unha obra e deseño persoal que agrupe determinadas especificacións, as cales se detallan facendo clic aquí. Participantes e Premios Poderán presentar os seus deseños e traballos para este propósito todos aqueles xogadores e xogadoras federados, que pertenzan ás categorías dende Preminibasket ata Cadete, e que desexen manifestar a súa afección cara a pintura ou o deseño, co BALONCESTO e máis o NADAL como motivos. A Federación Galega de Baloncesto galardoará ao vencedor absoluto deste III CERTAME cun premio de material deportivo valorado en 100 euros, así como cun televisor SAMSUNG 19" CLASS. 450 Series. LCD HDTV, cortesía de "la Caixa". O segundo clasificado recibirá un premio económico, nas mesmas condicións, por valor de 60 euros e un exemplar do libro "50 anos de Baloncesto en Galicia".

3/12/12

PRESENTACIÓN DO CLUB

Ao igual que na pasada tempada, vaise realizar unha presentación de todos os equipos do Club Baloncesto Redondela. Terá lugar o sábado día 15 de decembro no IES Mendiño a partir, probablemente, das 18 horas. Nela participarán todos os xogadores e adestradores do club. Haberá sorteos para os socios.

CARNÉS DE SOCIOS                                                                                                                          O día 11 de decembro é o derradeiro no que se poden entregar os cartos correspondentes á venda de carnés. Tamén a listaxe cos nomes dos novos socios/as. Deben facelo a Paula Ou Magdalena.

PETICIÓN DE NOVOS SUADOIROS E PANTALÓNS                                                                   Aquelas persoas que queiran mercalos teñen de prazo para facelo ata o día 15 de decembro. Os impresos poden solicitarllos a Magdalena ou Paula. Tamén pode descargarse facendo clic máis abaixo.
SEGUNDA NOTA SUADOIRO E PANTALÓN

1/12/12

ACB: O MELLOR DO MES DE NOVEMBRO