31/8/11

OS TELÉFONOS MÓBILES E O NOSO BLOG

Temos dúas novas que anunciar que relacionan ós teléfonos móbiles e o noso blog:
· Primeira: Xa está dispoñibel unha versión adaptada ós teléfonos móbiles do noso blog. O malo é que só se poden ler as entradas, así que se prefires a versión normal do blog, fai clic abaixo de todo na opción "Ver versión web".
· Segunda: Dispós dun teléfono móbil con Android, un iPhone ou unha BlackBerry? Pois logo podes acceder rápidamente ó noso blog con só escanear o seguinte código QR (abaixo). Para poder facelo descarga un escaner QR no Android Market, no App Store ou no Black Berry App World respectivamente. (No caso do Android Market e do BlackBerry App World os enlaces levan a unha páxina oficial do Android Market e do BlackBerry App World respectivamente, onde elexir entre varias aplicacións, e no caso do App Store só conseguimos mostrarvos unha aplicación, aínda que podedes picar noutras similares onde pon á esquerda "Más Apps para iPhone de TapMedia Ltd").

qrcode

0 comentarios:

Publicar un comentario