27/2/13
26/2/13
AVANCE DOS PARTIDOS DA FIN DE SEMANA
16:58:00
No comments
BENXAMÍN:
SÁBADO 2 ÁS 12 HORAS NO PAVILLÓN DE PANXÓN
DIVINO SALVADOR ´B´ - C. B. REDONDELA
ALEVÍN:
DOMINGO 3 ÁS 12 HORAS NO IES MENDIÑO
C. B. REDONDELA - C. MARIANO
INFANTIL:
DOMINGO 3 ÁS 12 HORAS NO IES MENDIÑO
C. B. REDONDELA - C. MARIANO
INFANTIL:
DOMINGO 3 ÁS 10 HORAS NO IES MENDIÑO
C. B. REDONDELA - C. B. TUI
CADETE:
SÁBADO 2 ÁS 12 HORAS NO IES MENDIÑO
C. B. REDONDELA - PORRIÑO BALONCESTO BASE
SÉNIOR:
DOMINGO 3 ÁS 17 HORAS EN PONTEVEDRA
ESTUDIANTES DE PONTEVEDRA - C.B.REDONDELA
25/2/13
ACTUALIZADOS OS CALENDARIOS DA FASE DE GRUPOS DE CADA EQUIPO
Informámosvos de que xa mesmo podedes entrar nas páxinas dos equipos cadete masculino, infatil masculino, alevín mixto e benxamín mixto para poder ver os calendarios oficiais correspondestes para esta fase de grupos ou segunda fase que xa están a disputar os nosos equipos.
21/2/13
19/2/13
AVANCE DOS PARTIDOS DA FIN DE SEMANA
20:28:00
No comments
Ademais do Torneo DKV Baby para os máis pequenos (que podedes ver na seguinte entrada do blog un pouco máis abaixo), temos confirmados os seguintes partidos:
BENXAMÍN:
SÁBADO 23 ÁS 11 HORAS NO PAVILLÓN DE PANXÓN
ESCULTOR ACUÑA-AIREXA - C. B. REDONDELA
ALEVÍN:
SÁBADO 23 ÁS 9:30 HORAS NO COLEXIO MIRALBA
MIRALBA - C. B. REDONDELA
INFANTIL:
SÁBADO 23 ÁS 9:30 HORAS NO COLEXIO MIRALBA
MIRALBA - C. B. REDONDELA
INFANTIL:
SÁBADO 23 ÁS 16 HORAS NOS MARISTAS (VIGO)
MARISTAS 'B' - C. B. REDONDELA
CADETE:
SÁBADO 23 ÁS 20 HORAS NO SEIS DO NADAL (VIGO)
SEIS DO NADAL 'B' - C. B. REDONDELA
SÉNIOR:
SÁBADO 23 ÁS 20 HORAS NO IES MENDIÑO
C.B.REDONDELA - RÍAS BAIXAS 'B'
TORNEO BABY EN NAVIA O 23 DE FEBREIRO
20:16:00
No comments
Os máis pequenos do club, as nosas promesas, van participar o sábado día 23 de febreiro na 2ª xornada de convivencia do Torneo DKV Baby. Celebrarase no pavillón de Navia de 15:30 a 17:15.
17/2/13
MICHAEL JORDAN CUMPRE 50 ANOS
10:55:00
No comments
Uns dos grandes xogadores de todos os tempos está de aniversario. Michael Jordan cumpre hoxe os seus primeiros 50 anos.
Lembrámolo cunha ampla reportaxe (con vídeos incluidos) que podemos ler hoxe na web de La Voz de Galicia. Podedes facer clic na seguinte imaxe para acceder á mesma.
12/2/13
7/2/13
4/2/13
CONCURSO DE DESEÑO DA MASCOTA DO CLUB
21:25:00
No comments
O Club Baloncesto Redondela anda na procura dunha mascota. Se queres ser ti o deseñador da mesma, esta é a ocasión. Pasa á acción e debúxaa.
As bases completas podes atopalas debaixo do cartel. ANÍMATE E PARTICIPA.
Bases do concurso
“Deseña a mascota do CLUB BALONCESTO REDONDELA
O
CLUB BALONCESTO REDONDELA organiza un concurso para elixir a súa mascota.
No
mesmo poderán participar todas as persoas que o desexen.
Haberá
dúas categorías segundo a idade dos
concursantes:
A:
Ata 14 anos.
B:
De 15 anos en diante.
Cada
participante poderá presentar un único debuxo, que se introducirá nun sobre
pechado no que se incluirán ademais os datos persoais do concursante (nome e
dous apelidos, data de nacemento, enderezo, número de DNI, teléfono/s de
contacto, correo electrónico).
A
técnica usada no debuxo é libre. Poderán
realizarse en papel ou cartolina tamaño A4 ou en formato dixital (JPG, BMP,
TIFF, PNG).
Prazo de recepción dos traballos:
Dende
o día 4 de febreiro ata o 15 de marzo.
Lugar de entrega dos mesmos:
-
Os realizados en papel poderán entregarse no Pavillón do IES San Simón todos os
venres de 17:30 a 18:30.
-
Os realizados en formato dixital serán enviados ao correo electrónico do club: c.b.redondela.chapela@gmail.com
Premios.
Haberá
un primeiro premio para cada unha das categorías consistente nun diploma e un lote
de material deportivo.
Os
debuxos premiados quedarán en propiedade do CLUB BALONCESTO REDONDELA que
poderá utilizalos no sucesivo como a súa mascota.
Xurado.
Estará
formado pola Xunta Directiva do Club. O seu fallo será inapelable.
A
organización porase en contacto cos gañadores na primeira quincena de abril e os
seus nomes publicaranse no blog do club: http://cbredondela.blogspot.com.es/
Entrega de premios.
Terá
lugar no decurso do II Torneo Interescolar de Baloncesto que se celebrará o día
8 de xuño en Redondela.
A participación no
concurso implica a aceptación de todos os apartados das presentes bases.
Redondela a 1 de febreiro de 2013
A XUNTA DIRECTIVA
31/1/13
NACE TÁBOAS: A WEB DO DEPORTE GALEGO
17:53:00
No comments
Unha nova web adicada ao deporte galego acaba de nacer. Chámase Táboas e nela teñen cabida as novas de baloncesto, fútbol, hóckey, balonmán,...
Paga a pena lela e estar ben informado da actividade deportiva de Galicia.
30/1/13
CARTEL PARTIDOS DA FIN DE SEMANA 2-3 DE FEBREIRO
23:21:00
No comments
Esta fin de semana descansan o equipo sénior e os alevíns. Compiten os máis pequenos, os infantís e os cadetes por partida dobre. Sorte a todos/as.
23/1/13
FIN DE SEMANA DE BALONCESTO
18:02:00
No comments
Todos os nosos equipos compiten esta fin de semana. Para algúns deles é a xornada que remata a primeira fase. E para os sénior unha nova ocasión de ofrecernos un bo espectáculo no Pavillón do IES Mendiño e continuar coa súa magnífica traxectoria. Agardamos a presenza de moitos siareiros animando aos nosos xogadores.Sorte a todos.
16/1/13
NOVA FIN DE SEMANA DE COMPETICIÓN
17:21:00
No comments
Nesta fin de semana só competirán os benxamíns e o equipo sénior. Este último terá un partido importante no CUVI o vindeiro domingo ás 17 horas. Trala súa vitoria da pasada fin de semana contra o C.B. XESTAS xa ocupa o segundo posto na táboa clasificatoria.
Esta fin de semana agardamos o mellor dos nosos equipos.10/1/13
REVISTA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO
21:14:00
No comments
Recibimos con moito interese o primeiro número da nova revista oficial da
Federación Galega de Baloncesto, medio a través do cal, de xeito trimestral, darán a coñecer as actividades máis relevantes, así como aqueles
eventos e iniciativas que poidan ser de interese para todos os federados e
afeccionados.
Podedes lela aquí ou descargala.
9/1/13
VOLVE A COMPETICIÓN ESTA FIN DE SEMANA
10:26:00
No comments
Trala paréntese do Nadal volve a competición de baloncesto nas distintas categorías. No cartel que tendes máis abaixo podedes informarvos dos horarios e lugares dos mesmos. Facede clic nel para velo máis grande.
Sorte a todos os equipos.
31/12/12
UN ANO PARA LEMBRAR
Remata o ano, e con el vaise todo o bo baloncesto que nos deixou o 2012. Por exemplo, na web da ACB podemos visualizar un resume das grandes xogadas e dos mellores vídeos de todo o 2012.
Desexamos que o 2013 traia boas novas para o noso club e para todos os seus integrantes, así como para os equipos do baloncesto galego. E que as seleccións españolas feminina e masculina fagan un gran papel nos campionatos de Europa de Francia e Eslovenia respectivamente.
Feliz 2013 a todos/as.
30/12/12
WEB "EJERCICIOS DE BALONCESTO"
21:25:00
No comments
Presentámosvos esta web de interese tanto para adestradores como para afeccionados : ejerciciosbaloncesto.org
Nesta ocasión recupérase unha publicación de 1990, a revista Clinic, na que se inclúen contidos como o uso do regate, os ataques á zona, saques de banda,... Fai clic na imaxe para acceder á mesma.
29/12/12
ENTREVISTA EN REDONDELATV A DIEGO MÍGUEZ, ADESTRADOR DO EQUIPO SÉNIOR
21:26:00
No comments
Co gallo da presentación do Club Baloncesto Redondela, RedondelaTV mantivo unha entrevista a Diego Míguez, adestrador do equipo sénior. Podedes vela facendo clic na imaxe.
27/12/12
TORNEO BENÉFICO YESSICA MARTÍNEZ
11:23:00
No comments
O vindeiro domingo día 30 de decembro celebrarase no Campo de fútbol de Chapela un Torneo Benéfico en apoio de Yessica Martínez, moza de 17 anos afectada dunha enfermidade rara. Haberá fútbol 8 benxamín e logo un partido entre ex-xogadores do Celta e famosos. Toda a información sobre os distintos xeitos de axudar a Yessica Martínez atópanse nesta web.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



























