19/9/13
6/9/13
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA RAPACES DO 1996 E DO 1997
13:29:00
No comments
Precisamos de xogadores para o equipo júnior masculino. Tedes toda a información no seguinte cartel:
30/8/13
RECOÑECEMENTOS MÉDICOS DA FGB
19:23:00
No comments
A FGB ofrece recoñecementos médicos por 20€ para as familias que teñades problemas cos vosos médicos ou coas vosas médicas se deciden non firmarvos a ficha da FGB. Lede este documento para máis información:
24/8/13
PRETEMPORADA 2013/14
9:06:00
No comments
Este vindeiro luns comeza a pretempada do Club Baloncesto Redondela no IES Illa de San Simón cos seguintes horarios:
- Infantís e cadetes ás 19h.
- Júniors ás 20:30h.
8/8/13
16/7/13
PRETEMPADA 2013/14
16:10:00
No comments
Poñémosvos a continuación as datas e horas para as que están previstas o comezo da pretempada de cada categoría:
- Infantís : martes 27 de agosto ás 19.00h na Casa da Cultura.
- Cadetes: martes 27 de agosto ás 19.30h na Casa da Cultura.
- Júnior: martes 27 de agosto ás 20.00h na Casa da Cultura.
- Sénior : martes 27 de agosto ás 21.00h na Casa da Cultura.
Ademáis deberase adxuntar a seguinte documentación:
- Fotografía tamaño carné.
- Fotocopia do DNI.
- Ficha da FGB (Federación Galega de Baloncesto).
- Recoñecemento médico.
5/7/13
O I CAMPUS DE TECNIFICACIÓN EN REDONDELA TV
20:44:00
No comments
Aquí tendes un vídeo que elaborou www.redondela.tv sobre o noso campus, cal tivo lugar entre os días 25-28 de xuño: http://redondela.tv/canles/deporte/a-canteira-e-o-mais-importante/
27/6/13
NAVIA CAMP 2013
21:23:00
No comments
Entre os días 15 e 31 de xullo (só de luns a venres) vaise celebrar no pavillón de Navia un campus de baloncesto especializado en minibasquet, é dicir, que o campus está aberto para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Os prezos do mesmo serán de 150€ por neno/a, de 125€ por dous nenos/as e de 110€ por tres nenos/as. Estes prezos inclúen o seguro deportivo de cada neno/a e dúas equipacións para participante.
20/6/13
NBA 3X
14:54:00
No comments
A praia de Samil acollerá os vindeiros días 13 e 14 de xullo o evento NBA 3X, o cal está co-organizado pola Federación Galega de Baloncesto (FGB). O evento consiste nunha competición 3x3 para maiores de 11 anos. A inscripción é gratuíta pero está limitada a 100 prazas. Para inscribirse face clic aquí.
13/6/13
22/23 XUÑO: FIN DE SEMANA DE BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS
23:38:00
No comments

O sábado 22 de xuño e o domingo 23 de xuño vai ser unha fin de semana moi intensa para o baloncesto en cadeira de rodas: O Club Deportivo AMFIV, un club de baloncesto en cadeira de rodas de Vigo, organiza o día 22 o I Clinic de Baloncesto en Cadeira de Rodas e o día 23 o II Torneo 3X3 de Baloncesto Integral, ó cal se poderá participar como baloncesto en pé ou baloncesto adaptado. Ámbos eventos serán realizados no pavillón de Bouzas.
Para máis información facede clic aquí, e para inscribirvos cubride este documento antes do 20 de xuño e entrgádeo en Deportes One - C./ Teixugueiras 16 ou enviádeo ó enderezo electrónico torneo@cdamfiv.com.
I DÍA DO BENXAMÍN VIGO-AROUSA
0:40:00
No comments
O vindeiro sábado 15 de xuño, os nosos benxamíns van participar no I Día do Benxamín Vigo-Arousa. Será no pavillón de Navia a partir das 10h. A organización corre a cargo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Aquí tendes os calendarios de xogo e o cartel do torneo:
10/6/13
CELEBRAMOS O II TORNEO INTERESCOLAR DE BALONCESTO
8:04:00
No comments
Cunha gran participación celebrouse o pasado sábado o II Torneo Interescolar de Baloncesto de Redondela.
Pola mañá no IES Mendiño participaron os maiores (infantís e cadetes) e pola tarde no Pavillón Municipal os máis pequenos (benxamíns e alevíns). Posteriormente incluiremos algunhas imaxes do mesmo.
21/5/13
PARTIDOS DA PRÓXIMA FIN DE SEMANA
20:22:00
No comments
Benxamín mixto:
Sábado 25 ás 11 horas no Seis do Nadal
SEIS DO NADAL - C. B. REDONDELA
Alevín mixto:
Venres 24 ás 18 horas en "Los Sauces"
LOS SAUCES - C. B. REDONDELA
Cadete:
PARTIDO APRAZADO
C. B. REDONDELA -PORRIÑO BALONCESTO BASE
Sábado 25 ás 11 horas no Seis do Nadal
SEIS DO NADAL - C. B. REDONDELA
Alevín mixto:
Venres 24 ás 18 horas en "Los Sauces"
LOS SAUCES - C. B. REDONDELA
Cadete:
PARTIDO APRAZADO
C. B. REDONDELA -PORRIÑO BALONCESTO BASE
EXCURSIÓN AO PARTIDO OBRADOIRO-BILBAO
7:49:00
No comments
O pasado domingo fomos de excursión a Santiago de Compostela a ver, no
Pavillón Fontes do Sar, o último partido da fase regular da Liga Endesa
(ACB) que xogaba o equipo compostelán co equipo de Bilbao: BLUSENS
MONBÚS OBRADOIRO - UXUE BILBAO BASKET.
O Obradoiro precisaba a victoria e
que o Unicaja de Málaga perdera contra o Barça para poder entrar nos
playoffs, e todo se cumpriu! Este venres xa comezan os play offs polo
título da liga e o Obradoiro enfrontarase contro o poderoso Real Madrid.
É difícil, mais non imposible!
Durante o partido o equipo que estivo a pé de pista foi o benxamín,
mentres que o resto situouse na parte superior das bancadas. Durante algúnss
tempos mortos do partido os xogadores e xogadoras benxamíns sairon á pista
a facer pequenas competicións de entrar a canastra, e se levaron algúns
regalos.
Aquí tendes algunhas fotos.


12/5/13
BRILLANTE VITORIA DO OBRADOIRO EN VALLADOLID
21:19:00
No comments
A extraordinaria actuación do equipo santiagués deixa todo por decidir para a derradeira xornada. O domingo, ás 12:30 horas, unha gran parte dos integrantes do C. B. REDONDELA estaremos en Compostela para animar ao noso máximo representante.
7/5/13
ENTRADAS PARA ACOMPAÑANTES PARA O PARTIDO DO OBRADOIRO
20:42:00
No comments
O partido Obradoiro - Bilbao Básquet disputarase o domingo día 19 de maio ás 12:30 horas. O prezo das entradas para os acompañantes será de 15 € e se son nenos/as 10 €. Aquelas persoas interesadas en adquirilas poden dirixirse ás persoas que habitualmente cobran nos adestramentos adxuntando o importe da entrada. O prazo para facelo remata este venres.6/5/13
PARTIDOS DA FIN DE SEMANA DO 11 E 12 DE MAIO
22:28:00
No comments
Temos confirmados os seguintes partidos:
Benxamín mixto:
Venres 10 ás 17:45 horas en Maristas
MARISTAS - C. B. REDONDELA
Alevín mixto:
Sábado 11 ás 12 horas no IES Mendiño
C. B. REDONDELA - CEIP GARCIA BARBÓN
Cadete:
Sábado 11 ás 16 horas no IES Mendiño
C. B. REDONDELA - C.B. TUI
Sénior masculino:
Sábado 11 a las 18.00h no IES Mendiño
C. B. REDONDELA - C.B.CASELAS
Benxamín mixto:
Venres 10 ás 17:45 horas en Maristas
MARISTAS - C. B. REDONDELA
Alevín mixto:
Sábado 11 ás 12 horas no IES Mendiño
C. B. REDONDELA - CEIP GARCIA BARBÓN
Cadete:
Sábado 11 ás 16 horas no IES Mendiño
C. B. REDONDELA - C.B. TUI
Sénior masculino:
Sábado 11 a las 18.00h no IES Mendiño
C. B. REDONDELA - C.B.CASELAS
29/4/13
AVANCE DOS PARTIDOS DA VINDEIRA FIN DE SEMANA
14:03:00
No comments
Son os seguintes:
BENXAMÍN:
Sábado 4 ás 12 horas no IES Mendiño
C.B.REDONDELA- DIVINO SALVADOR
ALEVÍN:
Sábado 4 ás 12 horas no Colexio Mariano
C. MARIANO - C. B. REDONDELA
CADETE:
Sábado 4 ás 10 horas en Maristas
MARISTAS - C.B.REDONDELA
BENXAMÍN:
Sábado 4 ás 12 horas no IES Mendiño
C.B.REDONDELA- DIVINO SALVADOR
ALEVÍN:
Sábado 4 ás 12 horas no Colexio Mariano
C. MARIANO - C. B. REDONDELA
CADETE:
Sábado 4 ás 10 horas en Maristas
MARISTAS - C.B.REDONDELA
26/4/13
XA HAI GAÑADORES DO CONCURSO DA MASCOTA
16:33:00
No comments
O xurado do concurso para elixir a mascota do Club Baloncesto Redondela acordou dar os seguintes premios nas dúas categorías:
- Para a de menores de 14 anos o debuxo elixido foi o de Lidia, do CEIP Santo Paio de Abaixo.
- E na categoría dos maiores desa idade, a premiada foi a de Jacobo.
Os gañadores recibirán o seu diploma e un vale por material deportivo o día 8 de xuño pola tarde no Pavillón Municipal de Redondela, data de celebración do II Torneo Interescolar de Baloncesto de Redondela. Noraboa aos dous.
E tamén moitas grazas a todos/as os/as participantes. Aquí podedes ver outros debuxos presentados (se fas clic neles podes velos en maior tamaño)
23/4/13
PARTIDOS DA FIN DE SEMANA DO 27 E 28 DE ABRIL
10:52:00
No comments
Xa están confirmados os partidos e horarios da fin de semana:
Benxamín mixto
Sábado 27 ás 10 horas no IES Mendiño:
C. B. REDONDELA - ESCULTOR ACUÑA
Alevín mixto
APRAZADO
C. B. REDONDELA - MIRALBA
Infantil masculino
Sábado 27 ás 16 horas en Tui
TUI - C. B. REDONDELA
Cadete masculino
Sábado 27 ás 16 horas no IES Mendiño:
C. B. REDONDELA - SEIS DO NADAL
Senior masculino
Domingo 28 ás 17 horas en Salesianos
SALESIANOS - C. B. REDONDELA
Benxamín mixto
Sábado 27 ás 10 horas no IES Mendiño:
C. B. REDONDELA - ESCULTOR ACUÑA
Alevín mixto
APRAZADO
C. B. REDONDELA - MIRALBA
Infantil masculino
Sábado 27 ás 16 horas en Tui
TUI - C. B. REDONDELA
Cadete masculino
Sábado 27 ás 16 horas no IES Mendiño:
C. B. REDONDELA - SEIS DO NADAL
Senior masculino
Domingo 28 ás 17 horas en Salesianos
SALESIANOS - C. B. REDONDELA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







































