13/6/13

22/23 XUÑO: FIN DE SEMANA DE BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS



















O sábado 22 de xuño e o domingo 23 de xuño vai ser unha fin de semana moi intensa para o baloncesto en cadeira de rodas: O Club Deportivo AMFIV, un club de baloncesto en cadeira de rodas de Vigo, organiza o día 22 o I Clinic de Baloncesto en Cadeira de Rodas e o día 23 o II Torneo 3X3 de Baloncesto Integral, ó cal se poderá participar como baloncesto en pé ou baloncesto adaptado. Ámbos eventos serán realizados no pavillón de Bouzas.
Para máis información facede clic aquí, e para inscribirvos cubride este documento antes do 20 de xuño e entrgádeo en Deportes One - C./ Teixugueiras 16 ou enviádeo ó enderezo electrónico torneo@cdamfiv.com.

0 comentarios:

Publicar un comentario