21/5/13

EXCURSIÓN AO PARTIDO OBRADOIRO-BILBAO

O pasado domingo fomos de excursión a Santiago de Compostela a ver, no Pavillón Fontes do Sar, o último partido da fase regular da Liga Endesa (ACB) que xogaba o equipo compostelán co equipo de Bilbao: BLUSENS MONBÚS OBRADOIRO - UXUE BILBAO BASKET.            

O Obradoiro precisaba a victoria e que o Unicaja de Málaga perdera contra o Barça para poder entrar nos playoffs, e todo se cumpriu! Este venres xa comezan os play offs polo título da liga e o Obradoiro enfrontarase contro o poderoso Real Madrid. É difícil, mais non imposible!
 
Durante o partido o equipo que estivo a pé de pista foi o benxamín, mentres que o resto situouse na parte superior das bancadas. Durante algúnss tempos mortos do partido os xogadores e xogadoras benxamíns sairon á pista a facer pequenas competicións de entrar a canastra, e se levaron algúns regalos.
Aquí tendes algunhas fotos.
 


0 comentarios:

Publicar un comentario