12/9/10

CUARTOS DE FINAL E SEMIFINAIS DO MUNDOBASKET 2010

Agora ímosvos achegar os resultados e algúns comentarios dos cuartos de final e as semifinais do MUNDOBASKET 2010:

- Resultados dos cuartos de final:
  • Serbia - España: 92-89
  • Turquía - Eslovenia: 95-68
  • USA - Rusia: 89 - 79
  • Lituania - Argentina: 104-85
- Resultados das semifinais:
  • Serbia - Turquía: 82-83
  • USA - Lituania: 89-74
-Comentarios:
O primeiro que deberíamos salientar é a derrota de España ante Serbia. Foi unha decepción para todos os seguidores do baloncesto. Durante todo o partido Serbia foi bastante superior a España, pero na metade do terceiro cuarto, España fixo todo o posible para igualarse e o conseguiron. Malia todo o esforzo español, todo se viu destrozado cando Serbia meteu un triple dende 9 metros:
Os dous equipos ían empatados a 89, a posesión era de Serbia e quedaban 25 segundos para o final. Parecía que Serbia non ía facer nada para que houbese unha prórroga, pero cando quedaban 3 segundos, tiraron un triple dende 9 metros con acerto. Mentres que saltaban todos os seguidores serbios, os españois poñían as súas máns na cabeza como lamentándose de algo malo.
Os restantes 3 segundos españa fixo o que puido para meter outro triplo, pero nada foi suficiente para igualar o partido e perdimos.
Non nos esperábamos nada menos de Estados Unidos, gañando os partidos e estando na final, pero non nos imaxinabamos a Turquía como finalista; equipo que gañou a Serbia por un punto nas semifinais. Unha mágoa que non fósemos nós quen derrotara a Serbia...

Agora a final do Mundobasket xa está decidida: USA-Turquía. Todo apunta a que gañará USA pero nunca se sabe...

0 comentarios:

Publicar un comentario