29/12/11

TORNEO DE NADAL 3x3

O CB Redondela vai organizar mañá, día 30 de decembro, un Torneo de Nadal 3x3 que terá a mesma finalidade que o anterior Torneo Benéfico 3x3, recaudar fondos. Con 15 equipos inscritos, mañá a partires das 16:30h no Pavillón do IES Mendiño vai ser unha gran festa de baloncesto e bo ambiente. A final está programada para as 21:00h, e despois está prevista a entrega de premios, polo que esperamos, se todo vai ben, que o Torneo quede clausurado entre as 21:30h e as 22h. Estas son algunhas das bases de competición máis salientables:

  • As canastras contabilizaranse de dous (2) puntos dende dentro da liña de triple (ou pisando a mesma) e de tres (3) puntos por fóra de dita liña.
  • O tempo de xogo será de 12 minutos.
  • As faltas persoais que se realizen cando se está efectuando un tiro a canastra, contará como falta de tiro e procederase con un (1) tiro libre sen rebote e posesión ó equipo atacante.

Deixámosvos agora co cartel do Torneo e os horarios do mesmo:

0 comentarios:

Publicar un comentario