27/4/12

XORNADAS DE PROMOCIÓN DO BALONCESTO

O Club Baloncesto Redondela leva realizando dende o mes de marzo unhas xornadas de promoción do baloncesto nos centros de ensino. Comezou no CEIP de Cedeira no mes de marzo. En abril os monitores do club estanse desprazando ata o CEIP Santo Paio de Abaixo, o CPI de Pazos de Borbén e o CEP Santa Mariña. No mes de maio, ademais de achegarse a outros centros de Primaria, celebraranse varias xornadas en horario de tarde para posibilitar a asistencia do alumnado dos IES interesado en practicar o baloncesto. Proximamente comunicaranse as datas, lugares e horarios.

0 comentarios:

Publicar un comentario