10/2/16

CETI CERRADO INFANTIL DOMINGO 14 FEBRERO PABELLON NUEVO REDONDELA

Continuando co Programa de Tecnificación previsto pola Área Deportiva FGB para esta temporada 2015- 2016, abrimos convocatoria para a participación nun Centro de Tecnificación (CETI) de captación cerrada orientado a xogadores e xogadoras nados no ano 2003. Cada club deberá confirmar a asistencia dos xogadores/as seleccionados vía mail na seguinte dirección: :  ceti.vigo@fegaba.com

A actividade, dirixida polo persoal técnico FGB;  contará coa seguinte programación:

Data: Domingo 14 Febreiro de 2016     PAVILLÓN MUNICIPAL NUEVO REDONDELA

 (2004 e 2005) masculino: 16:00 h a 17:30 h
(2004 e 2005) feminino: 17:30 h a 19:00 h


Recoméndase que cada participante veña provisto dunha botella de auga. Así mesmo,  prégase aos pais/nais e familiares dos participantes que, para o perfecto desenvolvemento da actividade, non permanezan na instalación durante a súa celebración.


A convocatoria deste CETI permanece aberta tamén á presenza e participación de todos os adestradores en prácticas dos cursos organizados pola FGB.

Para calquera dúbida ou suxestión:  ceti.vigo@fegaba.com



0 comentarios:

Publicar un comentario