3/10/16

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O Vº CURSO ON LINE DE ARBITROS Y OFICIAIS DE MESA

Adjunto convocatoria del V curso de Arbitros y oficiales de mesa.
 
Curso de Iniciación - Árbitros e Oficiais de Mesa
Este curso, que comezará o próximo 14 de decembro e o 23 do mesmo mes, servirá para incorporar novos membros o Comité Galego de Árbitros. Serve para árbitros e para oficiais de mesa.
REQUISITOS PREVIOS E IMPRESCINDIBLES:
1.Realizar o pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 15 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (La Caixa).
2. Envío de xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando datos persoais do alumno.
3. Inscrición no propio Curso “Curso de Iniciación. Decembro”.
Aprendizaxe
FORMACIÓN – FASE “ON LINE”
Desenvolverase a través desta mesma plataforma on line entre o 14 de decembro e o 23 do mesmo mes. Durante estas datas proxectaranse os seguintes obxectivos teóricos:
Coñecer o funcionamento básico do Comité Galego de Árbitros e a súa dinámica de traballo.
Coñecer o xogo do baloncesto e as diversas maneiras de presentar unha estratexia de partido.
Coñecer as regras do xogo, coas súas infraccións e peculiaridades.
Coñecer de maneira básica as competencias dos oficiais de mesa.
FORMACIÓN - FASE PRÁCTICA:
  1. Reunión “in situ” con todos os aptos no Comité Zonal de Árbitros que lles corresponda. Esta terá lugar a semana seguinte á finalización do curso.
  2. Dúas prácticas obrigatorias para árbitros (unha en formato adestramento – intre tras o cal o alumno poderá decidir si se da de alta ou non como árbitro - e unha segunda práctica en partido).
  3. Dúas prácticas obrigatorias para oficiais de mesa (unha en aula - intre tras o cal o alumno poderá decidir si se da de alta ou non como oficial - e outra en partido).
Materias
MATERIAS
-Introdución: Unha sesión.
-Regras: Tres sesións. Está composta por Regras I, Regras II e Regras III.
-Oficiais de mesa I: Unha sesión.
ESPECÍFICAS:
-Mecánica: Dúas sesións. Está composta por Mecánica I e Mecánica II.
-Oficiais de mesa II: Unha sesión.
Dinámica do curso
Cada materia terá unha serie de arquivos de documentación, que poderán ser documentos PDF, presentacións ou vídeos, ou calquera combinación. Todos estes arquivos serán explicados a través dunha reunión web na que os alumnos poden consultar calquera dúbida.
Tamén haberá atención por chat ou polo servizo de correo electrónico interno da propia plataforma. Estará habilitado un foro para comentar calquera incidencia do curso, tanto co profesor como entre os alumnos.
As quendas horarias das aulas e sesión diarias terán lugar entre as 17:30 h e as 22:30 h en función das peticións ou preferencias do alumnado.
PARTES ESPECÍFICAS:
-Os árbitros aprenderán a súas posicións na pista e como realizar o seu traballo.
-Os oficiais de mesa aprenderán os detalles sobre as funcións do anotador, cronometrador e operador do reloxo de lanzamento.
Profesorado
Director do curso: Miguel Ángel Pérez. Director técnico do Comité Galego de Árbitros.
Profesor encargado da parte común e da específica de árbitros: Miguel Álvarez.
Profesora encargada da parte específica de oficiais de mesa: Olalla Luaces.
Prácticas: Responsables técnicos Zonais do Comité Galego de Árbitros .
Avaliación
Fase Online: os alumnos, tras consultar a documentación e xestionar a súas dúbidas, deberán contestar un cuestionario, que deberán aprobar antes de pasar á seguinte materia.
NOTA: É necesario aprobar cada sesión e se non está aprobada, será necesario recuperala. Na última sesión haberá un exame final do que estarán exentos todos aqueles alumnos que teñan as sesións anteriores superadas. A data tope para ter o curso aprobado é o día seguinte ao de finalización do curso.
Unha vez superados todos os cuestionarios, o alumno obterá un certificado que o acredite como árbitro ou oficial de mesa pendente da realización da primeira práctica, que fará no seu comité zonal.
Fase Práctica: Unha vez realizadas as prácticas obrigatorias o alumno poderá ser designado en partidos oficiais, non obstante, a formación continua do árbitro e do oficial de mesa e imprescindible para a súa progresión e mellora, polo que deberá acudir ás actividades formativas programadas no seu comité zonal e ás reunións ás que lles convoque o seu titor zonal para revisar a súa progresión e axudarlle na súa mellora.
Preguntas Frecuentes
  • Costes de incorporación para Árbitros e Oficiais de mesa
Coste da licencia de iniciación: GRATUITO.
Coste do seguro deportivo obrigatorio: GRATUITO para federados desde a categoría Júnior en diante.
Árbitros: 71 €.
Oficiais: 46 €.
Coste da uniformidade árbitros e oficiais de iniciación: GRATUITO.
 
 
 
 
 
 

0 comentarios:

Publicar un comentario