19/9/19

ACTUALIZACIÓN DE COSTE EN LA INSCRIPCIÓN DE JUGADORES/AS EN EL CBR


 Bos días a tod@s,



A Directiva do Clube Baloncesto Redondela quere poñer en coñecemento dos pais e nais dos xogadores/as,  as CUOTAS que serán obrigatorias para a tempada que comeza co novo curso escolar.

Este ano  sufrirán modificacións con respecto aos anos anteriores, xa que os gastos federativos do clube vense incrementados ao ter que pagar os arbitraxes dos equipos Preminis e Minis, feito que antes non era así.

As cuotas varían en función das idades, quedando do seguinte xeito:

. Babys (2012/13) : 100 € anuais.

. Pre-minis (2010/11): 180 €  anuais.

. Minibasket (2008/09), Infantís (2006/07) e Cadetes (2004/05): 225€ anuais.

. Juniors (2002/03) e Seniors (2001 en adiante): 270 € anuais.
  Esta cuota é debida a que, a partires de Junior, hai que pagar ás licencias e os seguros,    cantidade que, ata esta categoría, a paga Xogade.

Como novidade, queremos comunicarvos que, esta tempada, o pago realizarase mediante domiciliación bancaria polo que os achegamos o documento SEPA que hai que cubrir para poder emitir os recibos correspondentes.

As opcións para os pagos será nunha única cuota (30 de octubro) ou en tres (30 de octubro e 15 de febreiro e 30 de marzo). Coma sempre, haberá un desconto no caso dos irmáns (10% de desconto no primeiro irmán e un 20% a partires do segundo).


A Xunta Directiva



0 comentarios:

Publicar un comentario