24/8/12

XOGOS PARALÍMPICOS LONDRES 2012


(Fai clic para ampliar)
___________________________________________

Dende o vindeiro mércores 29 de agosto e ata o domingo 9 de setembro, disputaranse os Xogos Paralímpicos de Londres 2012. Ó igual que nos pasados Xogos Olímpicos de Londres tivemos representación masculina no baloncesto, nos paralímpicos tamén temos representación masculina no baloncesto en cadeira de rodas, polo tanto, ó igual que fixemos nos Xogos Olímpicos, informaremos nesta entrada dos partidos do grupo de España cos respectivos resultados, ademáis de ofrecervos o diario cadro informativo de informarción sobre os Xogos Paralímpicos: estará exposto nesta entrada e disporedes dun enlace accesible debaixo do logotipo dos Xogos Paralímpicos de Londres 2012 que está colocado na parte superior dereita do blog.
As nosas redes sociais tamén nos servirán nestes Xogos Paralímpicos para informarvos a diario dos cambios que fagamos no blog e así facilitarvos o seguimento destes xogos.
Deixámosvos aquí os partidos do grupo de España na fase de grupos do baloncesto en cadeira de rodas:

FASE DE GRUPOS - GRUPO A
30/8/12

· ESTADOS UNIDOS - TURQUÍA: 50-59
· ESPAÑA - ITALIA: 67-40
· AUSTRALIA - SUDÁFRICA: 93-39

31/8/12

· ITALIA - ESTADOS UNIDOS: 51-77
· SUDÁFRICA - ESPAÑA: 50-74
· TURQUÍA - AUSTRALIA: 64-71

1/9/12

· TURQUÍA - ITALIA: 65-60
· ESTADOS UNIDOS - SUDÁFRICA: 91-29
· AUSTRALIA - ESPAÑA: 75-59

2/9/12

· SUDÁFRICA - ITALIA: 32-61
· ESPAÑA - TURQUÍA: 67-64
· AUSTRALIA - ESTADOS UNIDOS: 65-49

3/9/12

· ITALIA - AUSTRLIA: 48-68
· TURQUÍA - SUDÁFRICA: 79-54
· ESTADOS UNIDOS - ESPAÑA: 63-55

CUARTOS DE FINAL | SEMIFINAIS | FINAL
5/9/2012 -------------------6/9/2012 -----8/9/2012

AUSTRALIA 76
VS. ------------>>----------> AUSTRALIA 72
POLONIA 53
.....................................----... -VS.--------->>---------AUSTRALIA 58
------------------------------------------ CAMPIONA PARALÍMPICA
ALEMANIA 46
VS. ------------>>----------> ESTADOS UNIDOS 63
ESTADOS UNIDOS 57
________________________________________ VS.

TURQUÍA 70
VS. ------------>>----------> GRAN BRETAÑA 52
GRAN BRETAÑA 75
.......................................----. -VS.--------->>---------CANADA 64
----------------------------------- SUBCAMPIONA PARALÍMPICA
CANADA 77
VS. ------------>>----------> CANADA 69
ESPAÑA 51

PLAYOFF 5º-6º POSTO
7/9/2012

POLONIA 66
VS. ------------>>----------> ALEMAÑA 48
ALEMAÑA 81
.......................................----. -VS.---------

TURQUÍA 78
VS. ------------>>----------> ESPAÑA 67
ESPAÑA 86

4/8/12

COMEZO DOS ADESTRAMENTOS DO EQUIPO SÉNIOR MASCULINO

O equipo sénior masculino pon fin ó seu descanso despois do final da pasada tempada 2011/12 para comezar de novo cos adestramentos. A primeira toma de contacto será o vindeiro luns 6 de agosto no IES Mendiño ás 20:30h, e contarán con 3 días á semana de adestramento.
Desexámoslle o mellor nesta pretempada!

2/8/12

XOGOS OLÍMPICOS LONDRES 2012

Os esperados Xogos Olímpicos de Londres xa comezaron hai uns días, e polo tanto tamén a competición que máis nos gusta e interesa, a do baloncesto. No cadro informativo que xa levamos unsdías actualizando mínimo día a día, podedes enterarvos dos partidos de España, os seus horarios, como velos e os resultados dos memos, e agora, nesta entrada, poderédesvos informar dos partidos e resultados do grupo de España e posteriormente dos cuartos de final, semifinais e final:

FASE DE GRUPOS - GRUPO B
29/7/12

· BRASIL - AUSTRALIA: 75-71.
· ESPAÑA - CHINA: 97-81.
· RUSIA - GRAN BRETAÑA: 95-75.

31/7/2012

· CHINA - RUSIA: 54-73.
· AUSTRALIA - ESPAÑA: 70-82.
· GRAN BRETAÑA - BRASIL: 62-67.

2/8/2012

· AUSTRALIA - CHINA: 81-61.
· BRASIL - RUSIA: 74-75.
· ESPAÑA - GRAN BRETAÑA: 79-78.

4/8/2012

· RUSIA - ESPAÑA: 77-74.
· CHINA - BRASIL: 59-98.
· GRAN BRETAÑA - AUSTRALIA: 75-106.

6/8/2012

· AUSTRALIA - RUSIA: 82-80.
· GRAN BRETAÑA - CHINA: 90-58.
· ESPAÑA - BRASIL: 82-88.

CUARTOS DE FINAL | SEMIFINAIS | FINAL
8/8/2012 ------------------ 10/8/2012 -----12/8/2012

BRASIL 77
VS. ------------>>----------> ARGENTINA 83
ARGENTINA 82
........................................ -VS.------------->>---------ESTADOS UNIDOS 107
------------------------------------------------------------------CAMPIÓN OLÍMPICO
ESTADOS UNIDOS 119
VS. ------------>>----------> ESTADOS UNIDOS 109
AUSTRALIA 86
________________________________________ VS.

FRANCIA 59
VS. ------------>>----------> ESPAÑA 67
ESPAÑA 66
..........................................VS.------------->>--------------ESPAÑA 100
---------------------------------------------------------SUBCAMPIÓN OLÍMPICO
RUSIA 83
VS. ------------>>----------> RUSIA 59
LITUANIA 74

17/7/12

RUTA Ñ 2012

Os Xogos Olímpicos de Londres 2012 están a piques de comezar, e polo tanto, a Selección Española de Baloncesto está a ter os seus partidos de preparación. A esa serie de partidos, a Federación Española de Baloncesto (FEB) denominounos Ruta Ñ 2012.
De momento xa levan xogados 4 partidos en Valladolid, Madrid, Salamanca e París (aínda que este último non entra dentro da Ruta Ñ 2012 xa que a organizou a Fédération Française de Basketball (Federación Francesa de Baloncesto) ou FFBB. Os 4 encontros tradúcense en 4 victorias. Á nosa selección quédanlle 4 partidos, en Granada, Málaga, A Coruña e Barcelona. Poderédesvos informar dos horarios e resultados aquí:

  • Martes 17 de xullo ás 20:45h dende TDP, TVEHD e rtve.es: ESPAÑA 75 VS. AUSTRALIA 69 |VICTORIA!
  • Mércores 18 de xullo ás 22:15h dende a 1 de TVE, TVEHD e rtve.es: ESPAÑA 81 VS. AUSTRALIA 75 |VICTORIA!
  • Venres 20 de xullo ás 22:15h dende a 1 de TVE, TVEHD e rtve.es: ESPAÑA 105 VS. ARXENTINA 85 |VICTORIA!
  • Martes 24 de xullo (hoxe) ás 22:30h dende a 1 de TVE, TVEHD e rtve.es: ESPAÑA 78 VS. USA 100 | DERROTA.

15/6/12

SE NACICHES ENTRE 1995 E 2000 VEN CONNOSCO A PRACTICAR BALONCESTO


O mércores día 20 de xuño ás 19:30 horas, todos e todas os nacidos entre 1995 e 2000 interesados/as no baloncesto estades convidados a asistir a unha xuntanza no Multiusos da Xunqueira na que vos presentaremos a nosa oferta para a vindeira tempada.

VEN E DESCUBRIRÁS A MAXIA DO BALONCESTO

6/6/12

IMAXES DO I TORNEO INTERESCOLAR

Presentamos unha selección de imaxes do I Torneo Interescolar de Baloncesto de Redondela.

5/6/12

O TORNEO INTERESCOLAR EN REDONDELA.TV



Redondela.tv emite un vídeo sobre o I Torneo Interescolar de Baloncesto de Redondela. Pódese ver facendo clic aquí.



3/6/12

AGRADECEMENTOS - I TORNEO INTER-ESCOLAR DE BALONCESTO


















Unha vez rematado o I Torneo Interescolar de Baloncesto, cunha grande participación tanto de xogadores como de asistentes, o Club Baloncesto Redondela quere agradecer públicamente a todos os que o fixeron posible:

- Aos xogadores/as participantes.
- A todas as súas familias por permitir que os seu fillos/as se acheguen ao deporte do baloncesto.
- Aos centros de ensino, especialmente ao profesorado de Educación Física e aos equipos directivos, sen os cales este torneo non se podería ter celebrado.
- Ao Concello de Redondela, personificado no concelleiro de Deportes, don Jesús Crespo López, que nos prestou o seu apoio.
- Ás casas comerciais de Redondela que se volcaron cedendo artigos para poder sortear ao longo do torneo.
- Aos equipos de baloncesto que colaboraron connosco.
- Aos patrocinadores dos carteis, polo seu apoio.
- Á Delegación Viguesa de Baloncesto.
- Aos membros de Protección Civil que estiveron con nós no torneo.
- Aos encargados dos pavillóns.
- A todos os xogadores e adestradores do CB Redondela, pola súa implicación na celebración do torneo e, en xeral pola ilusión e entrega coa que participan en todas as actividades do club.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS

A continuación referimos as casas comerciais e clubes que nos cederon artigos para o torneo:
JOYERÍA ÁNGEL NOGUEIRAS
MODA MUJER XL
CAFETERÍA-VIDEO CLUB" NA LUA"
TUDEPORTE.COM
MERCERíA VIRGINIA
LIBRERÍA MOLIÈRE
CLUB BALONCESTO OURENSE
FÚTBOL CLUB BARCELONA
UMBRO
REGINA DECORACIÓN INTEGRAL
PITUSA- THINGS
ELECTRODOMÉSTICOS JUAN BLANCO
LIBRERÍA DOBLE PAUTA
ELECTRODOMÉSTICOS HERMANOS LAGO
CANDIL DECORACIÓN
JOYERÍA GROBA
BURBULLA ARTESANÍA
MI CASA
CACHARELA ARTESANÍA
PELUQUERÍA KATYRO
SUPERMERCADO FROIZ
FLORISTERÍA GIRASOL
SUPERMERCADOS EROSKI
BARRIO SPORT
MUELLER SPORT CARE
REAL MADRID CLUB DE FÚTBOL
CHURRERÍA PEPE

31/5/12

CALENDARIOS DE XOGO DO I TORNEO INTER-ESCOLAR DE BALONCESTO

O I Torneo Inter-Escolar de Baloncesto, organizado por este club, xa está a punto, e polo tanto tamén o están os calendarios de xogo, que adxuntamos ó final desta entrada e tamén na páxina especial para o torneo (fai clic).
Lembramos que o torneo celebrase o sábado día 2 de xuño pola tarde, nas pistas da Xunqueira, para primaria e o domingo 3 de xuño pola mañá, no IES Mendiño, para secundaria. A información completa está nos seguintes calendarios:

ENTREVISTA Ó PRESIDENTE DO CLUB EN "SI RADIO"

O pasado mércores 30 de maio de 2012, o presidente do club D. Carlos H. Núñez Lorenzo, concedeu unha entrevista a SI RADIO (107.7 FM). Nesa entrevista o presidente contou a evolución do club ó longo destes anos, o funcionamento do mesmo na actualidade e, sobretodo, explicou a organización do I Torneo Inter-Escolar de Baloncesto. Dita entrevista ofrecémosvola no vídeo que acompaña a esta entrada, que tamén inclúe un anuncio que publicita o torneo, tamén realizado por SI RADIO:


22/5/12

I CAMPAMENTO MÓVETE 2012

O CLUB BALONCESTO REDONDELA organiza o I Campamento "Móvete 2012".

LUGAR, HORARIO E IDADES

Realizarase en Redondela os meses de xullo e agosto en horario de mañá e tarde. Vai dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos de idade. As actividades comezan ás 10 da mañá e rematan ás 20 horas.

Contémplase aunha Aula Matinal para aquelas familias que por diversos motivos deban deixar aos seus nenas/os dende as 8:00 horas.

O Centro base para as actividades será o IES Mendiño.

ACTIVIDADES

As actividades do Campamento serán lúdicas: xogos predeportivos, festas temáticas, maquillaxe, xogos populares,saídas e xogos na praia. Cada unha das quincenas terá un eixe temático. A primeira tratará sobre o Mar. A segunda sobre os Xogos Olímpicos. A terceira sobre a Natureza. A cuarta sobre as Tradicións e Festas de Redondela.

COMEDOR
O Campamento conta cun servizo de Comedor realizado polo Cátering Arelas, de 14 a 16 horas.

PAGAMENTO

Os prezos quincenais poden consultarse máis abaixo. O ingreso hai que realizalo a favor de CLUB BALONCESTO REDONDELA en “LA CAIXA” (Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona) na conta: 2100 4793 89 0200043856

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

Folla de inscrición (a ficha de inscrición pode descargarse nesta páxina).

Resgardo de ingreso ou fotocopia do mesmo.

Fotocopia da tarxeta sanitaria.

Fotocopia do DNI do neno/a ou Libro de Familia.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Está aberto ata o día 26 de xuño.

LUGAR DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN


4/5/12

PARTIDOS DA XORNADA 5/6 DE MAIO

Aquí tendes os partidos da xornada 5/6 de maio. Os equipos sénior e infantil masculino continúan a súa fase clasificatoria; o equipo alevín mixto coménzaa nesta xornada, e realmente trátase dunhas semifinais e final (non dunha liga como cos equipos sénior e infantil masculino). As semifinais serán a ida e volta, e se gañamos a primeira poderemos estar na final! O equipo benxamín continúa na fase regular:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Fase Clasificatoria 31º-36º Sur | 4ª Xornada):


· CB REDONDELA 42 VS. A LAMA 54
- Lugar:
Centro penitenciario da Lama.
- Hora: Domingo 6 ás 12:00h (xogadores ás 11:15h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Fase Clasificatoria 72º-78º Sur | 2ª Xornada):

· COMPAÑÍA DE MARÍA VS. CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Compañía de María.
- Hora: Sábado 5 ás 18:00h (xogadores ás 17:15h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB 2º - Grupo 1/2 Final | 1ª Xornada-Serie 1):

·
CB REDONDELA VS. DIVINO SALVADOR B
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Partido aprazado por chuvia.

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 16ª Xornada):

· MIRALBA B 22 VS.
CB REDONDELA 73
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 5 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).

3/5/12

NOVA XUNTA DIRECTIVA

O CB Redondela anuncia a composición da nova Xunta Directiva. O incremento de xogadores e de xogadoras, o aumento de equipos tanto federados como non, a participación, por parte do club, en máis actividades nos centros de ensino... fai necesaria a constitución dunha Xunta Directiva máis ampla, sendo a mesma a seguinte:


PRESIDENTE
Dª. Paula Fernández López

SECRETARIO
D. Francisco Javier Aljan Molinos
TESOUREIRO
D. Monica Gonzalez Perez
VOGAIS
Dª. MºJesus Trigo Soneira
D. Sonia Casar Edreira
D. Luis Fernandez Vazquez

Esta información estará permanentemente dispoñible na nosa nova páxina "Xunta Directiva", que substitúe á anterior páxina "Organigrama Directivo".

28/4/12

I TORNEO INTER-ESCOLAR DE BALONCESTO



Os vindeiros 2 e 3 de xuño o Club Baloncesto Redondela vai organizar o I Torneo Interescolar de Baloncesto. Terá lugar na pista da Xunqueira e na Alameda de Redondela.
Haberá catro grupos:
A: 2º, 3º e 4º de Primaria.
B: 5º e 6º de Primaria.
C: 1º e 2º de ESO.
D: 3º e 4º de ESO.
A inscrición farase a través do profesorado de Educación Física de cada centro de ensino ata o 21 de maio no correo electrónico c.b.redondela.chapela@gmail.com
Para máis información pica aquí.

27/4/12

XORNADAS DE PROMOCIÓN DO BALONCESTO

O Club Baloncesto Redondela leva realizando dende o mes de marzo unhas xornadas de promoción do baloncesto nos centros de ensino. Comezou no CEIP de Cedeira no mes de marzo. En abril os monitores do club estanse desprazando ata o CEIP Santo Paio de Abaixo, o CPI de Pazos de Borbén e o CEP Santa Mariña. No mes de maio, ademais de achegarse a outros centros de Primaria, celebraranse varias xornadas en horario de tarde para posibilitar a asistencia do alumnado dos IES interesado en practicar o baloncesto. Proximamente comunicaranse as datas, lugares e horarios.

PARTIDOS DA XORNADA 28/29 DE ABRIL

Aquí tendes os partidos desta xornada 28/29 de abril. O equipo infantil masculino, ó igual que o equipo sénior masculino hai dúas semanas, comeza nesta xornada a fase clasificatoria tras rematar a fase regular. Poderán obtar a clasificarse entre os postos 72 e 78 a nivel do sur de Galicia. O equipo sénior masculino continúa cos seus cruces nesta xornada. As rapazas do equipo alevín mixto van xogar un amistoso nesta xornada, debido a que tamén rematou a fase regular da súa liga e están á espera do comezo da fase clasificatoria. Os benxamín continúan coas últimas xornadas da fase regular da súa liga, e para rematar, os máis pequenos do club van xogar varios partidos amistosos durante a mañá do sábado:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Fase Clasificatoria 31º-36º Sur | 3ª Xornada):


· CB REDONDELA 44 VS. CHURRASQUERÍA HAMBURGUESERÍA ORLY 47
- Lugar:
Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Domingo 29 ás 19:00h (xogadores ás 18:15h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Fase Clasificatoria 72º-78º Sur | 1ª Xornada):

· CB REDONDELA 46 VS. CARMELITAS ACEITES ABRIL (de Ourense) 59
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 28 ás 20:00h (xogadores ás 19:15h).


ALEVÍN FEMENINO (Partido amistoso | nº 1):


· CASTRO SAN MIGUEL VS.
CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Castro San Miguel.
- Hora: Venres 27 ás 17:30h (xogadoras ás 17:00h)

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 15ª Xornada):

·
CB REDONDELA 36 VS. MARISTAS B 22
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 28 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

PREBENXAMÍN MIXTO (Partidos amistosos):

·
CB REDONDELA VS. VARIOS EQUIPOS
- Lugar: Colexio Maristas El Pilar.
- Hora: Sábado 27 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

23/4/12

PARTIDOS DA XORNADA 21/22 DE ABRIL

Aquí tendes os partidos desta xornada 21/22 de abril. O equipo sénior descansa este fin de semana, ó igual que o alevín mixto, aínda que este último vai recuperar unha xornada:

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 22ª Xornada):

· CB REDONDELA 42 VS. PBB CANTEIRAS B 95
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 21 ás 18:00h (xogadores ás 17:15h).



INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | Recuperación 21ª Xornada):

· APOSTOL 79 VS. CB REDONDELA 29
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Domingo 22 ás 12h (xogadores ás 11:15h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | Recuperación 13ª Xornada):


· MARISTAS B VS.
CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Maristas El Pilar.
- Hora: Domingo 22 ás 12h (xogadores ás 11:30h).
 
BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 15ª Xornada):

· C
B REDONDELA VS. MARISTAS B
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Partido aprazado.

PARTIDOS DA XORNADA 14/15 DE ABRIL

Aquí tendes os partidos desta xornada 14/15 de abril. Como a fase regular do equipo sénior masculino rematou, agora van xogar a fase de clasificación por acadar o mellor posto entre o 31º e o 36º a nivel dos equipo do sur de Galicia, e comeza nesta xornada:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Fase Clasificatoria 31º-36º Sur | 1ª Xornada):

· A LAMA 52 VS. CB REDONDELA 54
- Lugar:
Centro Penitenciario da Lama.
- Hora: Domingo 15 ás 11:00h (xogadores ás 10:15h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 21ª Xornada):

· APOSTOL VS. CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Apóstol Santiago Xesuítas.
- Hora: Partido aprazado por chuvia.


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 13ª Xornada):


· MARISTAS B VS.
CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Maristas El Pilar.
- Hora: Partido aprazado.
 
BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 14ª Xornada):

· APOSTOL
67 VS. CB REDONDELA 16
- Lugar: Colexio Apóstol Santiago Xesuítas.
- Hora: Sábado 14 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).

31/3/12

PARTIDOS DA XORNADA 31/1 DE MARZO-ABRIL

Aquí tendes os partidos desta xornada 31/1 de marzo-abril. O equipo sénior masculino de momento segue sen partidos de liga, pero vai xogar un amistoso; o infantil masculino descansa esta xornada; o alevín non ten liga pero vai recuperar un partido aprazado; o benxamín non celebra liga e segue cun encontro aprazado pendente.

SÉNIOR MASCULINO (Partido amistoso | nº 4):

· CB ARCADE VS.
CB REDONDELA
- Lugar: Pavillón da Montesiña (Arcade).
- Hora: Venres 30 de marzo ás 21:00h (xogadores ás 20:15h).

ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | Recuperación 12ª Xornada):


·
CB REDONDELA 63
VS. CASTRO SAN MIGUEL 12
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Venres 30 de marzo ás 18:00h (xogadores ás 17:15h).

23/3/12

PARTIDOS DA XORNADA 24/25 DE MARZO

Aquí tendes os partidos desta xornada 24/25 de marzo:

INFANTIL
MASCULINO (2ª División - Grupo I | 19ª Xornada):

· CB REDONDELA 33 VS. CARMELITAS
75
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 14 ás 18:00h (xogadores ás 17:15).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 12ª Xornada):


·
CB REDONDELA
VS. CASTRO SAN MIGUEL
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Partido aprazado.

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 13ª Xornada):

·
CB REDONDELA 55 VS. COLEGIO ESCULTOR ACUÑA 5
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Venres 23 ás 18:15h (xogadores ás 17:45h).

16/3/12

PARTIDOS DA XORNADA 17/18 DE MARZO

Aquí tendes os partidos da xornada 10/11 de marzo:

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 18ª Xornada):

· LOS SAUCES 39 VS. CB REDONDELA 27
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 17 ás 18:00h (xogadores ás 17:15).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 11ª Xornada):


·
CB REDONDELA 66 VS. MIRALBA
28
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 17 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 11ª Xornada):

·
CB REDONDELA VS. DIVINO SALVADOR A
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Partido aprazado.

Aproveitamos para informarvos de que mañá sabado 17 ás 13h, no CEIP Alexandre Bóveda, despois do partido alevín, acudirá un fotógrafo do xornal Faro de Vigo para a posterior publicación dun artigo no suplemento Campeones de dito xornal. Deberán acudir todos os xogadores, xogadoras, adestradores... uniformados.

10/3/12

PARTIDOS DA XORNADA 10/11 DE MARZO

Aquí tendes os partidos da xornada 10/11 de marzo:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 14ª Xornada):

· ESTUDIANTES 60 VS.
CB REDONDELA 47
- Lugar:
Pabellón Multiusos da Xunqueira (Pontevedra).

- Hora: Domingo 11 ás 17:00h (xogadores ás 16:15h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 17ª Xornada):

· CB REDONDELA 61 VS. DEFENSORES DO MORRAZO 87
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 10 ás 16:00h (xogadores ás 15:15).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 10ª Xornada):


· ENSEÑANZA 27 VS.
CB REDONDELA 29
- Lugar: Colexio Compañía de María.
- Hora: Sábado 10 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 11ª Xornada):

·
CB REDONDELA 15 VS. MIRALBA A 7
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 10 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

Anímate a ver xogar ó teu equipo!

2/3/12

PARTIDOS DA XORNADA 3/4 DE MARZO

Aquí tendes os partidos da xornada 3/4 de marzo. Este fin de semana a liga do equipo sénior masculino non se celebra:

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 16ª Xornada):

· SAN JOSÉ DE CLUNY 20 VS. CB REDONDELA 64
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 3 ás 16:00h (xogadores ás 15:15h).


INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | Recuperación 14ª Xornada):

· SEIS DO NADAL C 88 VS. CB REDONDELA 5
- Lugar: Colexio Celso Emilio Ferreiro (Coia).
- Hora: Domingo 4 ás 12:00h (xogadores ás 11:15h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 9ª Xornada):

·
CB REDONDELA 49 VS. DEFENSORES DO MORRAZO 97
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 4 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 10ª Xornada):

· MARISTAS A 40 VS.
CB REDONDELA 4
- Lugar: Colexio Maristas.
- Hora: Martes 6 ás 17:45h (xogadores ás 17:15h).

Anímadevos a ver xogar ó voso equipo!

24/2/12

PARTIDOS DA XORNADA 25/26 DE FEBREIRO

Aquí tendes os partidos da xornada 25/26 de febreiro. O equipo sénior descansa na súa liga, pero vai xogar un amistoso:

SÉNIOR MASCULINO (Partido amistoso | nº 3):

·
CB REDONDELA 74 VS. CB San Lorenzo 51
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Domingo 26 ás 17:00h (xogadores ás 16:15h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 15ª Xornada):

· CB REDONDELA 10 VS. AIREXA NIGRÁN 107
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Domingo 26 ás 19:00h (xogadores ás 18:25h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 8ª Xornada):

· DIVINO SALVADOR A
40 VS. CB REDONDELA 8
- Lugar: Pavillón Municipal de Panxón.
- Hora: Domingo 26 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 9ª Xornada):

·
CB REDONDELA 20 VS. COLEXIO MARIANO MASC 44
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 25 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

Anímadevos a ver xogar ó voso equipo!

17/2/12

LIGA FEMENINA: R.C. CELTA VS. NAVARRA

Este fin de semana dispútase un partido moi importante, esperado e clave na permanencia do Real Club Celta Baloncesto na Liga Femenina, a competión máis alta de baloncesto feminino en España: R.C. CELTA 73 VS. NAVARRA 68. O encontro será mañá sábado 17 ás 18:00h no Pavillón de Navia. O club, baixo o lema "Contigo, Queremos Ser 2.000", animámosvos a que xuntos se chegue á cantidade de siareiros fixada!

PARTIDOS DA XORNADA 18/19 DE FEBREIRO

Este xornada só se celebra a liga do equipo infantil masculino, aínda que o partido está aprazado. O resto dos nosos equipos tampouco xogan:

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 14ª Xornada):

· SEIS DO NADAL C VS. CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Seis do Nadal (Coia).
- Hora: Partido aprazado.

9/2/12

PARTIDOS DA XORNADA 11/12 DE FEBREIRO

Aquí tendes os partidos da xornada 4/5 de febreiro:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 12ª Xornada):

·
CB REDONDELA 62 VS. SALESIANOS B 58
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Domingo 12 ás 19:00h (xogadores ás 18:30h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 13ª Xornada):

· CB REDONDELA 16 VS. CB TUI SETA A 65
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Domingo12 ás 17:00h (xogadores ás 16:25h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 7ª Xornada):


O noso equipo alevín mixto descansa nesta xornada 11/12 de febreiro.

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | Recuperación 6ª Xornada):

·
MARISTAS B 2 VS. CB REDONDELA 0
- Lugar: Colexio Maristas.
- Hora: Xoves 9 ás 17:45h (xogadores ás 17:15h).

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 8ª Xornada):

· DIVINO SALVADOR B 2 VS.
CB REDONDELA 53
- Lugar: CPI Panxón (localización en 3D, localización por satélite).
- Hora: Sábado 11 ás 11:00h (xogadores ás 10:30h).

3/2/12

PARTIDOS DA XORNADA 4/5 DE FEBREIRO

Aquí tendes os partidos da xornada 4/5 de febreiro, excepto os do equipo alevín mixto, cuxa liga non se celebra este fin de semana.

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 11ª Xornada):

·
A LAMA 45 VS. CB REDONDELA 64
- Lugar: Centro penitenciario da Lama.
- Hora: Domingo 5 ás 11:00h (xogadores ás 10:30h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 12ª Xornada):

· SAN JOSÉ DE LA GUÍA 51 VS. CB REDONDELA 48
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 4 ás 16:00h (xogadores ás 15:25h).

- Comentario: Foi un partido igualadísimo e moi emocionante. Durante gran parte do encontro íamos alternando 2 puntos nosos, 2 puntos deles... Estivemos perdendo, empatados, gañando... Sen ter ningún resultado claro. O público animou constantemente, e serviu ó equipo de motivación, pero ó final do partido as cousas complicábanse, as distancias agrandábanse, e a falta de 47 segundos pedimos tempo morto e perdiamos de 5 puntos. 28 segundos despois, pediu tempo morto San José de la Guía, e perdiamos de 3. Sacou o equipo visitante, roubamos o balón, pero o tempo comeu o noso contraataque, facendo a victoria un soño. Mais foi un bo partido, o máis emocionante da tempada sen lugar a dúbidas.
- Dato: Cómpre destacar que un dos nosos xogadores anotou 30 puntos dos nosos 48, o que supón un 62'5%.

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 7ª Xornada):

·
CB REDONDELA 60 VS. MIRALBA B 44
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 4 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).
- Dato: Convén destacar que un dos nosos xogadores anotou 38 puntos dos 60 que houbo no noso marcador, o que supón un 63'3 % dos nosos puntos. Noraboa a él e ó equipo!

PREBENXAMÍN MIXTO (Partidos amistosos):

·
CB REDONDELA VS. VARIOS EQUIPOS
- Lugar: Colexio Maristas.
- Hora: Sábado 4 ás 12:00h (xogadores ás 11:45h).

27/1/12

PARTIDOS DA XORNADA 27/28 DE XANEIRO

Aquí tendes os partidos da xornada 27/28 de xaneiro:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 10ª Xornada):

·
CB REDONDELA 59 VS. CB PUERTO VIGO 55
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 28 ás 20:00h (xogadores ás 19:30h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 11ª Xornada):

· PBB CANTEIRAS B 63 VS. CB REDONDELA 13
- Lugar: Pavillón Municipal de Porriño.
- Hora: Sábado 28 ás 10:00h (xogadores ás 9:25h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 6ª Xornada):


· CB REDONDELA 31 VS. MARISTAS B 44
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda
- Hora: Sábado 28 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 6ª Xornada):

·
MARISTAS B VS. CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Maristas.
- Hora: Partido aprazado.

CADETE E INFANTIL MASCULINO (Partido amistoso | nº 1):

· CASTRO SAN MIGUEL 16 VS. CB REDONDELA 71
- Lugar: Colexio Castro San Miguel.
- Hora: Venres 27 ás 17:00h (xogadores ás 16:30h).

19/1/12

PARTIDOS DA XORNADA 21/22 DE XANEIRO

Aquí tendes os partidos para esta nova xornada 21/22 de Xaneiro

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 9ª Xornada):

· MARISTAS ADEMAR 57
VS. CB REDONDELA 40
- Lugar: Colexio Maristas.
- Hora: Domingo 22 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 10ª Xornada):

· CB REDONDELA 14 VS. APÓSTOL 97
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 21 ás 16:00h (xogadores ás 15:25h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 5ª Xornada):


· CASTRO SAN MGUEL 15 VS. CB REDONDELA 41
- Lugar: Colexio Castro San Miguel.
- Hora: Venres 20 ás 19:00h (xogadores ás 18:30h).

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 5ª Xornada):

· CB REDONDELA 23 VS. APÓSTOL 61
- Lugar: Colexio Apóstol Santiago.
- Hora: Sábado 21 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

Anímadevos a ir ver xogar ó voso equipo!

12/1/12

PARTIDOS DA XORNADA 14/15 DE XANEIRO

Xa de volta de vacacións, as ligas de todos os equipos do club continúan. Aquí tendes os partidos:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 8ª Xornada):

· CB REDONDELA 48
VS. U.E. OS SEIXOS INVERNADEROS SAMIL 58
- Lugar: Pavillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 14 ás 20:00h.

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | Recuperación 7ª Xornada):

· LOS SAUCES 73 VS. CB REDONDELA 35
- Lugar: Colexio Los Sauces.
- Hora: Venres 13 ás 19:00h (xogadores ás 18:25h).

- Comentario: Pese á derrota, ó equipo viuselle máis atento en distintos aspectos tanto ofensivos como defensivos. Aínda que con moitas cousas coas que traballar, hoxe deixaron unhas boas sensacións nos espectadores. Pouco a pouco o equipo vai logrando obxectivos.

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 9ª Xornada):

O noso equipo infantil masculino descansa nesta 9ª xornada.

ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 4ª Xornada):


· MIRALBA 2 VS. CB REDONDELA 52
- Lugar: Colexio Miralba.
- Hora: Domingo 15 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 4ª Xornada):

· COLEGIO ESCULTOR ACUÑA 6 VS. CB REDONDELA 53
- Lugar: CEIP Chouzo.
- Hora: Sábado 14 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).

Á hora de colgar os resultados, a partir de agora o faremos na mesma entrada na que anunciemos os partidos, en lugar de crear outra nova. Todo o que engadamos posteriormente (resultados, crónicas...) estará indicado en cor verde (igual que ata agora).